NOVA PUBLICACIÓN DA REVISTA AUTÓCTONAS GALEGAS. Nº 12
Decembro 2019
E para rematar o ano, está dispoñible un novo número da nosa revista "Autóctonas Galegas", que nesta edición fai un especial 20 anos das asociacións bovinas, Cachega, Caldega, Frieirega, Limiaga e Vianega, con entrevistas a gandeiros e traballadores da Federación BOAGA e do Centro de Recursos Zooxenéticos, artigos de interese e resumo de actividades de todo o ano.
Pódese consultar no seguinte enlace e tamén, no menú lateral dereito da páxina web.