NOVAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA EN CASTRO
3-30 de maio 2019. Castro Riberas de Lea (Castro de Rei- Lugo)
Mañá comezan unhas novas xornadas gastronómicas de Cordeiro de Raza Ovella Galega no restaurante “Río Lea”, operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega, e que se prolongarán ata o 30 de maio. Con esta xa van 7 as edicións dunhas exitosas xornadas, en Castro Riberas de Lea (Castro de Rei-Lugo).
As xornadas están organizadas pola explotación "SAT TORRE DE ARCOS", de Outeiro de Rei (Lugo), produtores da raza e tamén operadores autorizados para o logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega.
O teléfono para reservas é: “Restaurante Río Lea” 982310658