NOVAS\ \ XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA EN LUGO
21 de Marzo-30 abril 2019. Lugo
Comezan unhas novas xornadas gastronómicas do Cordeiro de raza Ovella Galega en “Pulpería A Rotonda” en Lugo, organizadas pola Gandería "SAT Torre de Arcos", criador de ASOVEGA e operador autorizado para o logotipo 100% raza autóctona e que pertence ao concello de Outeiro de Rei (Lugo). Ata o 30 de abril pódese degustar distintas preparación coa excelente materia prima procedente de SAT Torre de Arcos.