NOVO PROCEDEMENTO PARA A DECLARACIÓN DE ALDEAS MODELO
MR713A - Declaración de aldea modelo.
Saíu publicado no Diario Oficial de Galicia do día 24 de marzo, a posta en funcionamento do procedemento para a presentación electrónica de solicitudes de declaración de Aldea Modelo, reguladas na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
Este procedemento vai dirixido aos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, que son os que deben tramitar a solicitude.
As Aldeas Modelo teñen por obxectivo a recuperación da capacidade agronómica das terras que rodean núcleos de poboación e asentamentos poboacionais situados no territorio rural galego, co fin de promover actividade económica ligada ao sector primario.
Toda a información nos enlaces seguintes: