OUTRO\ \ ANO MÁIS, AS AUTÓCTONAS FORON PROTAGONISTAS EN XANTAR.
6-10 Febreiro de 2019. Expourense (Ourense)
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico-XANTAR que se celebrou en Ourense do 6 ao 10 de febreiro, contou con ampla presenza das razas autóctonas. A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, tivo un stand atendido por técnicos e criadores e un restaurante cun menú feito a partir de produtos das nosas razas elaborado e atendido polo cociñeiro Antonio Díaz e o equipo do “Andarubel Fragas do Eume”.
Por segundo ano consecutivo encheuse tódolos días para degustar un menú feito con produtos das nosas razas autóctonas. Suculencias entre as que se atopaban pratos coma ,empanada artesá de Galo de raza Galiña de Mos, carpaccio de raza Cachena e Caldelá, croquetas de raza Frieiresa, rigatoni de goulash de raza Caldelá e Vianesa, cordeiro asado de raza Ovella Galega, entrecosto de raza Caldelá e Limiá, e o postre flan de ovo de raza Galiña de Mos.
Todo este traballo de criadores, técnicos e do equipo “Andarubel”, foi premiado co recoñecemento ao “Mellor Stand-restaurante Xantar 2019”.
Dende a federación, BOAGA, fixemos un vídeo promocional que podedes ver no seguinte enlace: