ENCONTRO DE PREPARACIÓ\ N PARA AS \u201CXORNADAS GASTRONÓMICAS DOS PRODUTOS DE CALIDADE GALEGOS DA\ \ PROVINCIA DE LUGO\u201D.
19 febreiro 2019. Lugo
O 19 de febreiro, celebrouse no salón de actos da Deputación de Lugo, a primeira reunión de presentación das “Xornadas Gastronómicas dos Produtos de Calidade Galegos”. Unha iniciativa da Deputación de Lugo, a APEHL (Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo), xunto coas asociacións de produtores, Indicacións Xeográficas Protexidas e Denominacións de Orixe lucenses, na que se fixo unha primeira toma de contacto, e onde participaron as asociacións AVIMOS e ASOVEGA xunto con 17 representantes máis de distintos colectivos que tomarán parte na organización destas xornadas gastronómicas.
A celebración consistirá na degustación de produtos autóctonos con selo de calidade en restaurantes de toda a provincia. Os hostaleiros incluirán nas súas cartas menús con alimentos de raza Autóctona Galiña de Mos e Ovella Galega, ademais haberá tamén produtos de IXP e DO.