PROXECTO BIOHERITAGE. REUNIÓNS DE TRABALLO NO PARQUE NATURAL DE LAS SIERRAS\ \ DE CAZORLA, SEGURA Y LAS VILLAS.
19-22 novembro 2019. Santiago-Pontones (Jaén)
Entre o 20 e o 22 de novembro de 2019, estivemos no concello de Santiago-Pontones, no Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura y Las Villas, na provincia de Jaén, a traballar cos nosos socios: Deputación de Jaén, IEDT-Deputación de Cadiz e Parque Nacional de Doñana (Junta de Andalucía) Parc Naturel Régional des Pyrénées Ariégeoises, La Chambre de Commerce du Gers, le Parc Naturel Régional Périgord Limousin, APACRA (Associação Portuguesa dos Criadores de Bovinos de Raça Minhota), no desenvolvemento das razas autóctonas destes territorios. Puidemos apreciar como as problemáticas nos diferentes territorios son similares.
Visitamos o Parque Natural dende las Fuentes del Segura, pasando polos Campos de Hernán Perea, a 1600-1700 metros, unha altiplanicie de máis de cinco mil hectáreas, onde pastan transhumantes ovellas da raza Segureña e gando bravo.
Tivemos a oportunidade de poder ver a transhumancia de toros de lidia da gandería “Herederos de Antonio Fernández García”, que realizan 200 km en 12-13 días, partindo dende as fincas de Santiago de la Espada, atravesando as Serras do Segura e Cazorla para chegar ás campiñas de Baños de la Encina, preto de Sierra Morena.
Posteriormente visitamos unha explotación de ovino de raza Segureña, en “La Tiná de las Riscas” preto do pobo el Cerezo. E por último, estivemos nun negocio de venda con produtos de proximidade, “la despensa del Berral”, en La Matea (Santiago-Pontones), un exemplo de éxito de produtos de calidade da zona que triunfa non só na provincia de Jaén, senón que tamén ten aceptación polos visitantes e turistas do parque natural, que tamén lle mercan por internet.