img_9677

TAPIRAZAS CREOU GRANDE EXPECTACIÓN NO SALIMAT-SEMANA VERDE 2013.

{}

18.07.2013 TapiRazas, o restaurante de tapas con razas autóctonas, tivo moi boa acollida polos presentes no SALIMAT 2013, que se celebrou coincidindo coa  Semana Verde 2013 de Silleda. Despois dun mes da celebración do evento, o balance foi moi positivo, xa que ademais de servir arredor de 600 menús, servíu de prataforma para o coñecemento e disfrute da carne e os produtos das razas autóctonas, por moitos ata entonces descoñecidos.

Aproveitando o escapate e a promoción que supón a Semana Verde de Silleda, esta actividade tivo por obxectivo promocionar as razas autóctonas galegas e os seus produtos, poñendo en valor as excelentes cualidades culinarias e sensoriais, diferenciándose como produtos únicos e de calidade.

O menú degustación con produtos de autóctonas consistiu en catro tapas: vacún, cordeiro, galo e porco, bebida e pan. Para elo utilizáronse sobre 350kg de vacuno (razas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá y Vianesa), 125kg de Galo de Mos, 120Kg de Cordeiro de Ovella Galega, 90Kg de Costela e 70kg de chourizos de Porco Celta.

CONTACTO
Pazo de Fontefiz s/n, 32152 Coles - Ourense (España)
988 323 613
frag@boaga.es
Enlaces de interese
BOAGA · Federación de razas autóctonas de Galicia