FERMOSO DESFILE DAS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS POLAS RÚAS DE LUGO.
5 de outubro 2019. Lugo
O sábado 5 de outubro, houbo un desfile gandeiro con razas autóctonas polas rúas da capital lucense. Fermosos exemplares entre as que participaron as razas Galiña de Mos e Ovella Galega. Unha ocasión única para achegar as razas autóctonas ao público da capital.
A continuación pódense descargar imaxes de distintos momentos do evento.