1643627244854

XORNADA DIVULGATIVA SOBRE A RAZA GALIÑA DE MOS NO CIFP A GRANXA, EN PONTEAREAS

28/01/2022, PONTEAREAS \u2013 PONTEVEDRA

O 28 de xaneiro o director técnico de Avimós, Diego Rois, impartiu unha xornada de formación aos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa, en Ponteareas. Os alumnos do módulo de produción Agroecolóxica, tutelados polo profesor Rodrigo Porto, aprenderon técnicas de cría en galiñeiros artesanais tanto en formación teórica coma práctica. 

Visitouse o galiñeiro existente no mesmo centro, onde hai un lote de Galiña de Mos e se intercambiaron experiencias.